venres, 19 de decembro de 2014

Nadal 2014

Non vos esquezades de picar no símbolo do altofalante para que soe a música.

xoves, 6 de novembro de 2014

mércores, 5 de novembro de 2014

Charla micolóxica

https://docs.google.com/file/d/0B5ZIOcEcm2NGaWt5MUgyLURZQ28/edit?usp=docslist_api&pli=1

Premede na imaxe para ver a montaxe que se fixo sobre a charla de cogomelos que tivo lugar no día de hoxe no colexio destinada para o alumnado de 6º de Primaria.

Samaín 2014



https://docs.google.com/file/d/0B5ZIOcEcm2NGc1l6a19qNllIQk0/edit?usp=docslist_api


Menuda colección de cabazas máis alucinantes!! Cada unha coas súas características particulares. Premede na fotografía se queredes ver a exposición de cabazas realizada no colexio o xoves 30 de outubro.
Moitas grazas a todos/as pola vosa participación.

mércores, 11 de xuño de 2014

Exposición "Noutrora"


Dende o venres 30 de maio ata o 6 de xuño puidemos desfrutar da exposición Noutrora no salón de actos do colexio.
A exposición, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, estaba composta por obxectos antigos aportados polas familias, obxectos que formaron parte da nosa historia e que quedaron hoxe en día en desuso.
O obxectivo pedagóxico desta iniciativa consistía en darlles a coñecer ás rapazas e rapaces a evolución no tempo dos obxectos que nos rodean, recoñecer e asociar determinados obxectos aos vellos oficios e, indirectamente, dar a coñecer os nosos costumes e certas tradicións.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo directivo do centro queren agradecer a participación de toda a comunidade educativa na montaxe desta exposición, en especial ás familias.

luns, 5 de maio de 2014

Mantén limpo o teu cole

Esta presentación é un resumo da vosa participación no concurso "Mantén limpo o teu cole". Lembrade que o obxectivo era concienciarvos da importancia de manter limpos os espazos que compartimos, entre eles loxicamente está o noso colexio.
Todo isto non servirá de nada se seguimos botando lixo ao chan. Non costa ningún traballo dirixirse ás papeleiras, así que adoitade boas prácticas e...

                                 "MANTEÑAMOS LIMPO O NOSO COLE"

xoves, 20 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

O día 28 de febreiro celebramos no centro a festa do Entroido. O colofón final foi o desfile, pero anteriormente houbo un traballo previo a nivel de aulas, de ciclos, de equipos, de traballo nas casas... Quixemos xuntar todos estes momentos nesta presentación e este foi o resultado do noso bosque "entroidado". Premede na ventá para poder visualizalo e desactivade o símbolo do son para escoitar a música de fondo. Para que vaia sincronizada imaxe e música tedes que facelo na primeira imaxe da presentación, a do esquío. E lembrade que para que despois non se vexan os iconos de "play", "stop" e "audio" tedes que mover o símbolo da man cara a esquerda ou dereita da pantalla. Desexamos que vos guste.

luns, 20 de xaneiro de 2014

Día da Paz

ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com

O vindeiro xoves día 30 de xaneiro celebrarase, como todos os anos, o Día Mundial da Paz. Dende as diferentes aulas e niveis están a preparar unha imaxe ou varias sobre a temática da paz. En poucos días veredes o resultado neste blog.