martes, 30 de xaneiro de 2018

Día da PAZ 2018

Para celebrar o día da PAZ 2018, este ano cantamos todos xuntos esta canción de Macaco. Ademáis intercambiamos mensaxes metidas nunha botella entre os diferentes cursos!



luns, 18 de decembro de 2017

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO








No día contra a violencia de xénero fixemos estas fotos tod@s xunt@s para manifestar o noso rexeitamento a estas actitudes e comportamentos.
Nas diferentes clases tamén traballamos sobre este tema para intentar que no futuro non teñamos a necesidade de manifestarnos ó respecto.

luns, 13 de novembro de 2017

CELEBRAMOS O MAGOSTO


Este ano celebramos o Magosto comendo castañas e con xogos no patio. Aínda que o tempo ameazaba con chuvia, escampou para poder gozar destes divertidísimos xogos.